1ª MOSTRA de DANZA de GALICIA
Coincidindo co Día Internacional da Danza, celebración que se conmemora cada 29 de abril, o Centro Coreográfico Galego (CCG) organiza a I Mostra de Danza de Galicia, que se desenvolverá en Santiago de Compostela entre os días 26 e 30 deste mes con 35 compañías participantes. O Salón Teatro amosará de martes a sábado unha sucesión de máis de 20 pezas, cada unha delas duns 30 minutos de duración, levadas a cabo por unha ampla representación de compañías, intérpretes e creadores galegos. Durante as mañás a Mostra ocupará tamén a Praza de Cervantes, nun emprazamento aberto aos viandantes e no que participarán 10 formacións artísticas
BStudiodanza Pre-estrea o seu espectáculo Nu-Shu, coproducido polo Centro Coreográfico Galego, ( 30 min ) no Salón Teatro de Santiago de Compostela o dia 30 de Abril as 17.20 – 17.50 hrs
Comentarios