BStudiodanza







 

BSTUDIODANZA

 


bs4.JPG

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DANZA

EN
FEMININO






BS28.JPG

Emilia Pardo






BStudiodanza de Santiago de Compostela, unha compañía que baila contando historias, especialmente historias de mulleres, ou, mellor
dito, da muller. A coreógrafa María Dolores Mayán dirixe as tres bailarinas do elenco Emilia Pardo, Vanessa Otero, Celia Mayer ,coa finalidade de poñer a danza ao servizo da expresión, da comunicación, cousa que fai en cada nova entrega pública, en forma de espectáculo, do seu traballo coreográfico continuo. Ademaisdo evidente resultado artístico sobre os escenarios,hai que recoñecerlle a este colectivo o valor de ser un dos fundadores da danza actual en Galicia.




bs32.JPG



  

Celia Mayer





Dentro dun abano de rexistros corporais eclépticos encontran o mellor alfabeto para que o corpo das súas bailarinas poña os acentos e entonacións, ata dar cnha linguaxe corporal que está máis preto do persoal e que é a voz dos sentimentos, das emocións, de cada latexo que están a vivir as tres compoñentes do grupo no momento de interpretar.

 

  



bs13.JPG

Vanessa Otero





Cando en 1998 BStudiodanza comezou asúa andaina como compañía artística de forma paralela á escola de danza Balle Studio –que anos antes, alá por 1986, xa co- fundara a que hoxe é a súa directora e coreógrafa,  Dolores Mayán–, fíxoo adoptando unha filosofía de traballo, case pretexto, que era poñer a danza ao servizoda expresión e facer dela un idioma.



dolores5.JPG





A compañía de Dolores Mayán atrévese a bailar contando a historia das mulleres, nun ton disidente ben distinto da versión oficial. Liberadas do academicismo, aínda traballadas pola técnica, as mulleres de BStudio outra vez dotan de vitalidade ás poses clásicas e constrúen no escenario un espazo para a muller. Un espazo para que todas digamos: “isto é de meu”. 

               Teresa  Moure 

bs6.jpg

bs3.JPG






bs5.JPG

bs12.jpg

PROXECTO EDUCATIVO - ARTISTICO "CORPOS REFLEXIVOS"

bs15.JPG



Danza Acción - Denuncia e Reflexión

O corpo como  ferramienta para transformar a realidade... 


CorposReflexivos

BS18.JPG

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA

BS16.JPG

Danza Transmutada - Exposicións Educativas

"Un proceso artístico de miradas para enseñar"

Mulier


BS17.JPG



Danza Urbana - Espazos Públicos

Buscamos contar  historias cercanas ao público que desperte  a sua curiosidade e reflexión dentro duhna plástica que penetre polos sentidos.

 









DANZA PARA TODAS

 "Corpos Reflexivos"


 



"Unha mirada ao interior, deixar de ver para sumirse nas sensacións"

BS19.JPG

CORPOS2.JPG




"...Ás veces chegamos a dubidar se levamos ou non o rumbo das nosas vidas, e esquecemos que podemos torcelo e emendalo cando nos veña en gana."

Teresa Moure - Herba Moura
Enviadme un correo electrónico cuando las personas hayan dejado sus comentarios –

¡Tienes que ser miembro de movimiento | movimento para agregar comentarios!

Join movimiento | movimento

Temas del blog por etiquetas

  • de (178)

Archivos mensuales